Resultados Campionato de España

A nadadora de categoría Infantil, Antía Gómez Taibo regresou do Campionato de España de Inverno que se celebrou durante a fin de semana en Gijón, na Piscina do Club Natación Santa Olaya. Obtivo moi bos resultados, nunha competición con gran nivel de marcas, e onde o ambiente entre os deportistas dos clubs galegos foi especialmente salientable.

Gran experiencia para Antía, que está avanzando neste tipo de eventos. Participou en tres probas, obtendo os mellores resultados nas probas de costas. A primeira proba foi o 200 o venres, moi cerca das úa marca do Campionato galego quedou no 19º posto infantil e 5º de 14 anos. Destacamos o 100 costas, proba na que baixou a súa marca persoal o sábado pola mañá nas eliminatorias, entrou na final B, e mellorou de novo o seu rexistro, acadando a Mellor Marca Galega de 14 anos cun tempo de 1.07.43. Nesta proba foi 10ª infantil e 5ª de 14 anos. Rematou o campionato o domingo, coa proba de 200 estilos, proba na que acadou o posto 43º infantil e 20º da súa idade.

Noraboa Antía!!

Resultados