Alba Gómez, na foto co seu adestrador Héctor Díez, rematou o seu derradeiro campionato desta tempada 13/14. Gran tempada para esta nadadora de categoría infantil, na que rebaixou tódalas súas mellores marcas, participou en dous campionatos de España, 4 campionatos galegos, e formou parte da Selección Galega nunha ocasión.
Nestas citas competitivas acadou finalmente 11 mínimas nacionais, participando na Barceloneta, este fin de semana, nun total de 6 probas que nadou en catro días, nas que destacamos as boas marcas e os postos acadados:
100 costas, 1.11.00 17º posto; 100 libre, 1.02.48 19º; 400 estilos, 5.22.15 15º; 200 libre, 2.14.15 14º; 200 estilos, 2.33.48 18º; 50 libre, 29.03 20º.
¡¡Noraboa Alba, por esta tempada cargada de éxitos, e por este gran remate!!