Resultados Campionato de España

Esta semana pasada celebrouse o Campionato de España Open Absoluto e Campionato de España Junior. Foi en Palma de Mallorca dende o mércores 28 de marzo ata o domingo 2 de abril, e o Club Natación Arteixo brillou coa participación de seis deportistas que acadaron grandes resultados. O resumen pode ser o seguinte, 3 mínimas internacionais de consideración, nove medallas (seis ouros, dúas pratas e un bronce), dúas Mellores Marcas Galegas de Idade, nove finais e moitas Mellores Marcas Persoais.

O nome do Club arteixán escoitiuse moito na Piscina de Son Hugo, magnífica instalación onde se celebrou este campionato. Tivemos un récord de participación de probas individuais con un total de seis deportistas, tres junior, Manuel Varela, Eva Sánchez e Mateo García, dous absolutos mozos, Paula Otero e Miguel Ángel Gómez. e unha absoluta, Alba Gómez.

Comezamos con Paula Otero, nadadora pertencente ó Equipo Nacional que adestra esta tempada no CAR de Sant Cugat; Paula foi Campiona de España absoluta e absoluta moza nas probas de 1500 e 400 libre, e bronce absoluto e prata absoluta moza en 800 libre. Nestas tres probas acadou marcas de consideración para ter a posibilidade de formar parte do Equipo que represente a España nas vindeiras citas internacionais da tempada, o Campionato do Mundo de Fuioka, e o Europeo Sub_23. Durante a celebración do Campionato a Rfen fixo entrega de diversos premios ó mérito deportivo, un deles foille entregado a Paula de mans do Presidente da Federación, a Medalla de Bronce de Servicios Distinguidos, facendo referencia ós seus resultados internacionais destacados durante a tempada pasada.

O outro nadador do Arteixo en subirse o pódium foi, Mateo García Castro. Proclamouse Campión de España Junior nas probas de 1500 e 800 libre, e Subcampión de España en 400 libre. Destacamos tamén que este nadador bateu as Mellores Marcas Galegas de 18 anos en 800 libre e 400 libre, esta ultima dúas veces, nas eliminatorias e na final en plena loita pola medalla de prata. Na proba de 200 libre acadou o 14º posto.

A nadadora de Categoría Absoluta Alba Gómez, foi a nadadora con máis participacións no campionato con un total de 6 probas, sendo finalista en tres delas 100, 200 e 400 libre, quedando así entre as 16 mellores nadadoras a nivel nacional. Foi 10ª en 200 libre, 12ª en 100 libre, e 16ª en 400 Libre. Participou tamén nas probas de 50 libre (22º posto), 50 bolboreta (35º) e 100 bolboreta (22º).

 

Miguel Ángel Gómez, de categoría absoluta moza, participou en tres probas, 50 braza o primeiro día do campionato acadando o 29º posto de absoluto mozo, as dúas seguintes probas foron o domingo, 200 braza, na que acadou o seu mellor posto, 9º da súa categoría, e 50 costas, 16º.

 

Deixamos para o final, para destacar o seu estreo na categoría junior e nun campionato deste nivel, a Eva Sánchez con 50, 100 e 200 costas; e Manuel Varela, que participou na proba de 50 costas. Eva acadou os postos 23º en 200, 32º en 100 e 36º en 50 costas. Manuel acadou o 63º posto junior en 50 costas.

                                                              

Foi un emocionante campionato en xeral, xa que é a cita máis importante para a élite nacional, con presencia de grandes nomes extranxeiros incluidos, pero para o Club Natación Arteixo, sen dúbida, resulteu ser un Campionato difícil de esquecer polos seus resultados e o ambiente competitivo vivido.

Noraboa Equipo!!

ResultadosÁlbum Fotográfico RFEN