Resultados Campionato Alevín

Rematou o Campionato Galego Alevín de verán celebrado en Cervo durante esta fin de semana. Foi en piscina de 50 metros e o Club Natación Arteixo participou con dúas nadadoras e un nadador nun total de 7 probas. Este pequeno equipo representante da categoría alevín fixo un bo traballo, mellorando a maioría das marcas e acadando dúas medallas.

Alejandro Canedo, Iria Vilar e Nerea Iglesias foron os encargados de representar ó noso club neste evento, e conseguiron acadar o 14º posto na clasificación feminina e 17º na conxunta por clubs.

Nadaron ben, melloraron os seus rexistros persoais, e Nerea acadou dúas medallas, ouro en 100 braza e bronce en 200 braza. Esta mesma nadadora participará pronto no Campionato de España Alevín que se celebrará en A Coruña, en dúas probas para as que acadou mínimas durante esta tempada: 100 libre e 100 braza.

Disfrutaron do campionato e quedaron con ganas de mellorar a vindeira tempada. ¡¡Noraboa rapaces!!

Resultados