Resultados Campionato Alevín

Esta fin de semana celebrouse en Pontevedra o Campionato Galego Alevín, coa presencia do Club Natación Arteixo dos seguintes nadadores/as, Irlanda, Lola, Lucía, Vera, Xiana, Daniel, Martín, Pedro e Xavi, que fixeron un bo papel competitivo e de grupo.

Resaltamos que se batiron moitas MMP (mellores marcas persoais) e melloráronse os postos de inscripción das remudas. Ademáis destacamos tamén que moitos dos participantes eran novatos neste tipo de evento, o que lle da máis valor ós resultados acadados.

Nas remudas quedamos nos seguintes postos: 13º feminino e 12º masculin en 4×100 libre, 12º feminino en 4×200 libre e 4×100 estilos. A nivel de Club fomos 17º na clasificación conxunta, 21º masculino, e 15º feminino.

Noraboa a tod@s!!

Resultados