Resultados Benxamíns

Están publicados os resultados da última xornada de Liga Galega da categoría benxamín celebrada este domingo en sesión de mañán en Carballo. Tivemos bo ambiente e moito ánimo entre os asistentes, que reflexaron a mellora acadada durante esta tempada en canto a técnica de nado, viraxes e saídas. Este é un dos grupos de futuro para o noso club, por iso lle damos a noraboa por toda a tempada competitiva, e quedamos á espera da clasificación da Liga para saber se participamos na Copa Galega Benxamín e encarala coa maior motivación posible.

Noraboa EQUIPO!!

Resultados