Resultados Augas Abertas

Este sábado celebrouse en Castrelo de Miño, Ourense o V Campionato Galego de Augas Abertas con moi bos resultados para os participantes do Club Natación Arteixo.

Asistiron dous nadadores de categoría Junior-1, Paula Otero e Mateo García. A mañán comezou con nubes, un pouco de frío e a temperatura da auga a 21º. Pero as condicións foron mellorando ó longo da sesión, e finalmente os nosos representantes nadaron con un tempo moi agradable.

Mateo estreábase nesta modalidade, e pese ós nervios do principio, completou os 5000 metros do circuito con boas sensacións e rematou en 13º posición absoluta e 4º na súa categoría.

Paula, pola súa parte, partía na proba como favorita, e vaia se o foi, xa que acadou o 4º posto absoluto, 1ª clasificada feminina, premio da foto xunto con Miguel Martínez do RCNV. Ademáis acadou o 1º posto da categoría Junior-1. Esta proba resultou un bo adestramento para a proba de 10K que nadará Paula co Equipo Nacional de AA  o vindeiro sábado en Barcelona.

Con esta proba finaliza o calendario competitivo da tempada 20/21 e estaremos atent@s ás normativas e calendarios que empezarán a estar dispoñibles a partir do 18 de outubro.

Noraboa Mateo e Paula!!

Resultados