Están publicados os resultados das dúas competicións nas que participaron os nosos equipos nestas semanas. A 4ª Xornada de Liga Benxamín celebrada o día 27/02 en Carballo e a 3ª Xornada da fase preliminar da Copa de Clubs celebrada este sábado en Ourense.
Na Liga Benxamín participamos na remuda mixta fora de concurso e na feminina de 4×50 bolboreta acadamos o 2º posto. Noraboa a este pequeno equipo que cada día nada mellor de técnica, seguide así que chegaredes moi alto.
En canto á Copa de Clubs,con esta xornada rematou a fase preliminar. O sábado acadamos o 3º posto detrás do Galaico e do Pabellón Ourense. Sumando tódolos puntos a clasificación cara a fase final queda da seguinte forma: 1º Galaico 21 puntos, 2º Pabellón Ourense 15, 3º Club del Mar 10, 4º C.N.Arteixo 8, 5º Fluvial 7, 6º Santiago 5 puntos.
Esto significa que o Club Natación Arteixo loitará pola permanencia en División de Honra cos equipos de Santiago e Lugo, grandes rivais que nos farán traballar dende hoxe e competir coma os mellores.
¡¡Noraboa CNA!!