Están publicados os resultados da Toma de Tempos celebrada en San Amaro o sábado día 7 en sesión de tarde. Asistimos con un total de 40 deportistas de varias categorías, coa intención de competir, intentando rexistrar boas marcas nesta recta final da tempada 24-25. Ademáis tamén tivemos ocasión de animar ós máis pequenos do Club nadadndo un par de probas a modo de aprendizaxe e exhibición. En xeral, unha boa tarde competitiva para o Club Natación Arteixo.
Noraboa a tod@s!!


