Resultados

Esta fin de semana celebráronse dúas competicións con presencia do CNA. O noso equipo absoluto viaxou a Ourense para celebrar a 1ª Xornada da Liga de Clubs en División de Honra, na que acadou un exitoso 3º posto. Queda a clasificación da seguinte forma: 1º- CN Portamiñá 306, 2º: CN Pabellón Ourense 270,5, 3º: CN Arteixo 244,5, 4º: CN Ferrol 235, 5º: RCN Vigo 221, 6º: C Fluvial de Lugo 193. Queda moito aínda por competir, pero foi unha boa forma de empezar con ilusión esta emocionante competición.

Os máster por outra banda, participaron o domingo en Carballo tamén na súa 1ª xornada, con boas sensacións e moita ilusión posta no futuro, xa que por fin este grupo comeza esta semana a traballar con adestramentos presenciais en equipo, na recén inaugurada Piscina Municipal de Meicende.

Noraboa a tod@s e a seguir por este camiño…!

Resultados