Resultados

Este fin de semana celebráronse dúas competicións con presencia do Club Natación Arteixo, o Trofeo Pedro Escudero en Ourense e unha Toma de Tempos en Riazor. Están publicados os resultados dos dous eventos nesta páxina web.

Resultados

No Trofeo organizado polo Club Natación Pabellón Ourense, en piscina de 50 metros, participaron as nadadoras de categoría absoluta Noelia Gómez e Tamara Folgueira. Destacamos dos seus resultados: unha medalla de bronce en 100 braza e un 5º posto en 50 braza para Noelia. E un 5º posto en 50 costas e 6º posto en 100 costas para Tamara.

Liga Infantil

Xa está publicada a clasificación da Liga Infantil, que rematou hai dúas semanas coa 4ª xornada nadada en Carballo. O Club Natación Arteixo acadou os seguintes postos: 11º na masculina, 9º na feminina e 9º na clasificación conxunta.

Ver Clasificación