Resultados

Esta fin de semana celebrouse o 50º Trofeo Pedro Escudero e o Club Natación Arteixo acudeu con 22 nadadores e nadadoras. Por outra banda Paula Otero xa nadou dúas das 3 probas para as que estaba seleccionada no Campionato do Mundo que se está a celebrar en Budapest.

Voltamos de Ourense con unha nova e importante experiencia de competir en piscina de 50 de cara ós campionatos que nos quedan nesta parte da tempada. Os nosos deportistas nadaron con moi boa disposición, acadando algunhas MMP ou quedando moi cerca delas. Participamos nas dúas remudas mixtas, na de 4×100 libre pola mañán, na que acadamos o 11º posto e a de 4×100 estilos pola tarde, na que quedamos en 9º lugar. Voltamos con 5 medallas (1 ouro, 1 prata e 3 bronces). Os medallistas foron, Miguel Gómez, Mateo García, Eva Sánchez e Ana Veiga.

MedalleiroResultados

                                                                    

Paula Otero está a ter un gran experiencia de apredizaxe e de gestión da presión nun campionato desbordante de emoción e nervios, nadando man a man cos máis grandes nadadores e nadadoras do mundo nunha instalación simplemente impresionante. Nadou a proba de 400 libre o sábado e 1500 libre o domingo, probas nas que acadou marcas un pouco por encima das súas MMP e que non lle deron paso a ser finalista, obxectivo que xa sabíamos que estaba moi complicado. Paula renovará forzas e recollerá esta experiencia para encarar con moita máis seguridade o 800 libre no que participa o xoves. Aquí estará todo o CNA para enviarlle a nosa máxima forza.

Vamos Paula!!