Esta fin de semana tivemos representación en dúas competicións con moi bos resultados. Os máster viaxaron a Ponteareas para o Campionato Galego de verán e un pequeno grupo viaxou ás máis altas temperaturas do territorio para participar no XL Meeting Ciudad de Badajoz.
O equipo máster viuse moi reducido por diversos motivos, participando tan só Raquel Durán e Javier Mella, nadador@s que disfrutaron e competiron por eles e polos que quedaron na casa. Voltaron con seis medallas e moitas ganas de que a tempada que ven todo o grupo poda volver a tope ás piscinas. Raquel foi ouro en 100 e 200 braza, e prata en 50 braza e 50 bolboreta. Javier Mella foi ouro en 100 costas e prata en 200 costas. A clasificación por equipos foi de 24º posto (25º masculino e 17º feminino).
A outra competición na que tivo presencia o CNA, estivo marcada pola climatoloxía, xa que os termómetros de Badajoz marcaron esta fin de semana temperaturas por encima de 40º, as máis altas de todo o territorio. Acudiron dúas nadadoras e tres nadadores que participaron nun total de 19 probas individuais, acadando o 8º posto por equipos.
A competición consistía en eliminatorias o sábado en sesións de mañán e tarde, e finais o domingo pola mañán. Foi unha gran proba para estes nadadores/as, que entraron nun total de 18 finais, que nadaron a moi bo nivel competitivo. Voltan con 7 medallas. Alba ouro en 200 libre e 50 bolboreta e prata en 100 bolboreta e 100 libre, Noelia foi ouro en 100 braza, Mateo prata en 200 libre e Miguel prata en 200 braza.
O éxito de organización do trofeo, a conexión de Luchi co Club Natación Badajoz, e o bo facer dos nadador@s convocados, fixeron desta competición unha gran experiencia, con proba climatolóxica incluida e unha nova ocasión para competir en piscina de 50 metros agora que se acercan as grandes citas de verán.
Noraboa a tod@s!!
Medalleiro MásterMedalleiro Trofeo Badajoz