Resultados

Esta fin de semana o Club Natación Arteixo participou no Campionato Galego de Augas Abertas e nunha Toma de Tempos en Riazor. Volvemos con un 4º posto, tres medallas e varias novas mínimas para participar en Campionatos Galegos.

Empezamos pola Toma de Tempos á que asistiron deportistas de caegorías alevín, infantil e junior e na que en xeral acadáronse boas marcas e con algunha mínima nova para participar nos Campionatos Galegos de verán. Foi unha boa ocasión para gañar experiencia competitiva agora que estamos entrando na recta final da tempada.

O Campionato Galego de Augas Abertas celebrouse en Ponteareas, na Praia Fluvial da Freixa (Río Tea). Asistimos cun total de 9 nadadores e nadadoras de diferentes categorías. Na clasificación por clubs acadamos o 4º posto nas clasificacións masculina, feminina e conxunta. O percorrido consistía en catro voltas de 1250 metros. Co unha saída moi disputada e rápida, a carreira en seguida se dispersou en grupos, nadando tod@s en posicións bastante cómodas. Un orgullo para este Club contar con este ascenso de participantes nesta modalidade da natación, que axuda a vivir novas experiencias competitivas aparte das típicas de piscina.

Os medallistas foron Mateo García, ouro Junior-1, Ana Veiga, prata Senior e Alba Gómez, bronce Senior. Pero podemos decir que foi unha boa carreira para tódolos representantes do Arteixo, moitos dos cales estreábanse neste campionato.

Noraboa a tod@s!!

                                                                    

ResultadosResultados AA