Resultados

Están publicados os resultados das competicións celebradas este sábado polos equipos benxamín, infantil e junior.

Os benxamíns participaron en Carballo na súa última xornada de Liga Territorial, bos resultados, bo ambiente, moi boa clausura da tempada competitiva. Coa situación que estivemos vivindo, tivemos moita sorte, xa que gracias ós esforzos e á capacidade organizativa do AD. Fogar poidemos competir a un nivel prácticamente normal. Dende esta web queremos darlle a noraboa e as gracias.

Un grupo de infantís e junior asistiron a unha Toma de Tempos en San Amaro, bastantes mellores marcas persoais, algunha nova mínima para Campionatos Galegos… boa competición tamén.

Noraboa a tod@s e recordade que aínda que cambiemos un pouco os horarios, adestraremos ata finais de xullo, remataremos a tempada coa celebración da Travesía de Suevos o domingo 1 de agosto. Esta tempada máis que nunca é moi importante non perder a «forma» durante máis dun mes.

Resultados