Esta fin de semana foi movida para os nosos deportistas. Participamos nun total de tres competicións. Un grupo de infantís, junior e absolutos viaxou a Ourense para participar no Trofeo Pedro Escudero, o equipo benxamín nadou a 5ª xornada de liga e os máster participaron o domingo na tamén 5ª xornada de liga.
A liga benxamín destacou pola mellora técnica dos participantes, esta vez competiron nenos e nenas xuntos, o que lle dou un gran ambiente competitivo ó evento. O noso equipo estivo formado por 4 nenos e 3 nenas.
A liga máster tivo lugar o domingo en Carballo en sesión de mañán. Participaron tres nadadores, poucos pero moi motivados, a este equipo xa non lles queda nada para o seu Campionato Galego que terá lugar en Ponteareas os días 12 e 13 de xuño. Os resultados desta categoría sairán máis adiante na web da FEGAN.
En canto ó Trofeo Pedro Escudero, foi unha bonita xornada de convivencia e unha gran oportunidade para competir en piscina de 50 metros. Ademáis o nivel competitivo foi bastante bo. Acadamos un total de oito medallas das seguintes nadadoras: Paula Otero (ouro en 1500 libre e 200 estilos), Alba Gómez (ouro en 400 estilos, prata en 400 libre), Tamara Folgueira (prata en 50 bolboreta e bronce en 50 libre), Antía Gómez (ouro en 100 costas) e Eva Sánchez (bronce en 200 costas). Ademáis a nadadora Paula Otero, acadou o 1º posto por Táboa Fina do Trofeo.