Resultados

Están publicados os resultados das dúas últimas competicións. O sábado día 8 celebrouse en Carballo a 4ª xornada de liga benxamín, xornada un pouco máis complicada que as anteriores xa que a especialidade do día era o estilo bolboreta, pero os pupilos e pupilas de Sara souberon pasar moi ben a proba.

E este sábado, tamén en Carballo, o noso equipo máis xoven, os promesas participaron na súa 4ª xornada de liga, onde tamén pasaron un bo día de competición.

Estes dous equipos están a ter unha mellora de técnica e de adaptación á competición moi salientable, a base do Club Natación Arteixo segue a mellorar… ese é o noso mellor futuro.

Noraboa peques!!

Resultados