Este sábado foi un día moi importante para o Club Natación Arteixo, xa que celebramos na Piscina Municipal de Arteixo a primeira competición oficial para a Federación Galega de Natación.
O equipo encargado deste estreo foi o Equipo Alevín na súa 3ª Xornada de Liga. A instalación e a organización cumpriron perfectamente co esperado, e o noso grupo de nadadores/as alevíns que pronto teñen o seu Campionato Galego de Inverno tamén estiveron á altura da ocasión.
Foi unha competición con probas complicadas que deron pé a bastantes descalificacións, pero tamén moi boas marcas e gran ambiente competitivo.
Están publicados os resultados, xunto cos da 2ª Xornada de Liga Infantil celebrada o sábado día 11 de xaneiro en Carballo.
Noraboa Club Natación Arteixo por este gran paso!!
Noraboa Equipo Alevín por esta xornada!!