Están publicados os resultados das xornadas de liga alevín e infantil celebradas este pasado sábado en Riazor e Santiago.
En ámbalas dúas competicións acadáronse boas marcas e vaise vendo a mellora técnica, seguimos avanzando, aínda que queda moito por progresar esta tempada.
Nas remudas acadaron os seguintes postos: 1º en 4×100 estilos masculino e feminino alevín en Riazor. En Santiago, no 4×100 libre, 5º masculino e 6º feminino.
Noraboa a tod@s!!