Resultados

Este domingo 27 de maio, o Club Natación Arteixo participou no XXVIII Trofeo Cidade de Lugo. Acadamos o 5º posto por equipos na clasificación conxunta, e o 4º posto na remuda de 6×50 libre intercategorías. Alba Gómez participou no Trofeo Masa de Logroño.

No Trofeo de Lugo, destacamos que como equipo melloramos un posto respecto á pasada edición. A nivel individual, acadáronse boas marcas e un total de oito medallas: tres ouro, tres pratas e dous bronces, de Nerea Iglesias, Antía Gómez, Eva Sánchez, Alejandro Varela, Lucía Varela, Manuel Varela e Pablo Pose.

Foi unha agradable xornada de natación e convivencia para o CNA.

Resultados Medalleiro

A nadadora Alba Gómez participou con tres compañeiros do CGTD no Trofeo Masa de Logroño no que acadou o 2º posto en clasificación mixta no estilo de braza.

Noraboa a tod@s polos resultados