Resultados

Gran experiencia para o noso equipo absoluto esta fin de semana en Asturias. Oito nadadores/as participaron no Trofeo Internacional Villa de Gijón, celebrado o sábado e o domingo, na Piscina do Club Natación Santa Olaya.

Era a primeira participación esta tempada en Piscina de 50 metros, e as marcas estiveron bastante ben en xeral. Foi unha competición de gran nivel, e os nosos loitaron moi ben as súas series.

Participamos nas remudas masculinas, acadando o 9º posto na de 4×50 estilos, e o 10º na de 4×50 libre.

A nivel individual, a nadadora Alba Gómez, que foi representando á Federación Galega, foi a máis destacada, acadando un total de tres medallas de prata, nas probas de 100 braza, 50 braza e 100 libre.

Tamén están publicados os resultados da 4ª xornada de Liga Infantil celebrada o pasado 12 de maio en Santiago. Nesta xornada participamos na remuda de 4×100 libre mixta, na que acadamos o 7º posto.

 

Resultados