Resultados

Este sábado tamén foi movido para o Club Natación Arteixo. Participamos en dúas competicións, na última xornada da Liga Benxamín e no Trofeo Juan Varela.

Os máis pequenos, que nadaron en Carballo, enfrontáronse a unha larga sesión con moi bos resultados. A remuda de 4×100 libre mixta A acadou o 2º posto, pero en total participamos con 6 equipos. Esta foi a última xornada, quedamos á espera da clasificación para coñecer o posto acadado polo club e así definir en que grupo participaremos na Copa Galega Benxamín, que se celebrará o vindeiro mes de xuño.

Parte do equipo de maiores participou no Trofeo organizado polo Club Marina Ferrol, o Memorial Juan Varela, no que acadaron o 4º posto por equipos, un 4º posto na remuda de 4×100 estilos mixta e un total de seis medallas. Alba Gómez 3 ouros, Noelia Gómez 2 ouros e Xián Prego 1 bronce.

A nadadora Alba Gómez acadou o 2º posto por suma de puntos FINA con 1889 puntos.

Noraboa ós dous equipos por estas competicións!!

Resultados