Resultados

Están publicados os resultados da 3ª xornada de Liga Alevín celebrada o pasado sábado en Carballo e os da 2ª xornada da Copa de Clubs desta fin de semana en Inef.

Na Liga Alevín só participamos nunha remuda feminina de 4×100 estilos na que acadamos o 4º posto.

Na Copa de clubs competiuse moito mellor que na 1ª xornada, con bastantes boas marcas a nivel individual, e mellorando moito os postos das remudas: 3º e 9º na remuda de 4×100 libre feminino, e 5º e 10º na de 4×200 masculino.

Nesta xornada acadamos o 4º posto coa seguinte puntuación: Liceo 298, Coruña 254, Vigo 239, Arteixo 211, Riveira 168 e Santiago 140. Polo que ata agora acumulamos 4 puntos en total, estamos no 5º posto. Faltan os puntos que academos na 3ª xornada, que será en marzo, para coñecer a puntuación total coa que acudiremos á Fase Final e a que dirá que posibilidades teremos.

Así que EQUIPO, a traballar máis e sobre todo mellor de cara a esas próximas citas

Resultados