Acabamos de publicar os resultados correspondentes ás competicións celebradas este sábado, Liga Benxamín e Trofeo de Narón. Tamén publicamos os resultados da 1ª Liga Máster celebrada o pasado 12 de novembro en Carballo.
Na Liga benxamín destacamos o alto número de participantes e a mellora técnica do noso equipo de base, con moi bos resultados nas remudas onde acadamos o 1º posto en 4×50 estilos feminino e 4×50 libre mixto, e o 3º posto en 4×50 estilos masculino.
No Trofeo de Narón houbo boas marcas, pero sobre todo destacamos o traballo de equipo xa que acadamos o 2º posto detrás do Natación Ferrol e seguidos polo club anfitrión. Na remuda de 4×50 libre mixta acadamos o 2º posto. A nadadora Noelia Gómez acadou o 3º posto por táboa FINA.
Na Liga Máster falaremos das novas incorporacións, que elevan un pouco a ilusión deste grupo e que permiten participar en moitas máis remudas. Nesta ocasión participaron na de 4×50 libre en 3 categorías acadando os postos: 4º en +120, 10º en +160 e 2º en +200.
Noraboa a tod@s polos resultados!!