Están publicados os resultados das dúas competicións celebradas este sábado con participación do Club Natación Arteixo, a 6ª Xornada de Liga Alevín e o Trofeo Juan varela.
No Trofeo celebrado na Piscina de Batallóns de Ferrol, os nosos deportistas obtiveron boas marcas, algunhas delas son mínimas para o Campionato Galego de verán, e acadamos o 13º posto na remuda mixta.
Neste evento, a nadadora Alba Gómez acadou a mínima na proba de 50 libre, con un tempo de 28.19 para o Campionato de España Junior de verán.
Na Liga Alevín acadamos o 5º posto nas remudas masculina e feminina de 4×100 libre. A nadadora Nerea Iglesias, do 2003, acadou a mínima do Campionato de España Alevín de verán na proba de 400 estilos, con un tempo de 5.31.65.
Noraboa a tod@s!!