O equipo Máster do Club Natación Sarval Arteixo bateu o seu récord de medallas e de clasificación conxunta. Foi esta fin de semana en Pontevedra, no seu Campionato Galego de Inverno.
Dezasete participantes acadaron un total de 27 metais, un 9º posto na clasificación conxunta por equipos, e un novo récord galego.
En total asistiron 8 nadadores e 9 nadadoras. Unha vez máis a ilusión deste grupo, a motivación que amosan á hora de prepararse e competir, deu os seus froitos en modo de mellores marcas persoais, medallas, e sobre todo disfrute.
Foron un total de 24 medallas individuais, 7 ouros, 12 pratas e 5 bronces. Nas remudas fixeron un papel moi importante, acadando tres metais, prata e bronce para as remudas de 4×50 estilos femininas de +120 e +200 respectivamente. Na proba de 4×50 libre tiramos por primeira vez unha remuda na categoría de +240, acadando unha prata.
A clasificación como equipo tamén é moi salientable, xa que por primeira vez estamos entre os dez primeiros equipo de Galicia. Acadamos o 14º posto masculino, 8º feminino e 9º conxunto.
O nadador Ramón Folch acadou o récord galego de +80 na proba de 100 libre con un tempo de 1.35.85.
Noraboa EQUIPO, a seguir por este camiño!!