Ramón Récord de España

Onte domingo rematou o Campionato de España de Fondo Máster, e Ramón Folch volta nada máis e nada menos que con tres medallas de ouro e 3 récords de España.

Foi un campionato marcado pola climatoloxía, que non estivo a favor, xa que choveu e a piscina onde se celebraba o campionato, en Mataró, era descuberta. Estos puntos negativos non pararon a ilusión de Ramón, que comezou o venres con récord de España de categoría +85 na proba de 3000 metros e medalla de ouro. O sábado, nadou a proba de 1500, na que tamén foi ouro. Rematou por todo o alto o domingo coa proba de 800 libre, na que ademáis de ser ouro, batiu os récords de España de 400 e 800 libre da súa categoría.

Unha vez máis Ramón levou o nome do Club Natación Arteixo ó máis alto da Natación Máster.

Noraboa e gracias polas ensinanzas deportivas!!

Resultados Master