Este sábado día 26, o Club Natación Arteixo participou na 3ª xornada da Liga Galega de Clubs en Carballo. Acadamos o 1º posto desta xornada e polo tanto do conxunto da Fase Preliminar. Dita puntuación fai que vaiamos a loitar polo ascenso ou permanencia na Fase Final, que se celebrará o día 7 de maio, con opoñentes de gran categoría, AD Fogar e Rías Baixas.
Os nosos nadadores e nadadoras acadaron moitas MMP, competindo con moitas ganas e animando dende a grada como un gran equipo. A nadadora de categoría absoluta, Alba Gómez Mesías, que está recén recuperada dunha grave lesión, acadou mínima na proba de 800 libre para asistir ó Campionato de España en piscina de 25 da vindeira tempada.
A puntuación da xornada foi a seguinte: CN Arteixo 394, AD Fogar 346, , CN Rías Baixas 298, CN Mos 188, AD Náutico de Narón 140, C. USC 52. O cal deixa a puntuación total de cara a Fase Final da seguinte forma: CN Arteixo 19 , AD Fogar 17 , CN Rías Baixas 10, CN Mos 9, AD Náutico de Narón 6, USC 3
Nas remudas acadamos o 2º e 5º postos masculino, 1º e 3º postos feminino en 4×50 libre; 3º e 5º postos masculino e 1º e 3º postos feminino en 4×100 estilos. Quedan 6 semanas para seguir adestrando e, se podemos, mellorar de cara á Fase Final que sen dúbida será unha emocionante competición que lle dará ó CNA a opoturnidade de competir como máis lle gusta, a tope e por un obxectivo común.
Noraboa EQUIPO!!