Praia e Resultados

Onte reunímonos 39 compoñentes do Natación Arteixo para comer e adestrar na Praia do Rañal, estupenda experiencia que sen dúbida haberá que repetir. Remudas, rugby, carreiras e ata un baño permiteu a climatoloxía. Esta semana Santa está sendo todo un éxito para a convivencia e a unión dos nosos equipos cara a iniciar a recta final desta tempada, e en especial á xa moi cercana Copa Galega de Clubs, onde nos xogamos o ascenso a Primeira División. Cada un é importante, incluso na grada, e contamos coa presencia de tod@s o vindeiro 26 de Abril en Carballo.

Están publicados os resultados correspondentes ás xornadas de Liga que se nadaron o pasado sábado 12, a Benxamín de Carballo e a Infantil de San Amaro. Os Benxamíns con esta xornada rematan a liga, por certo con moi boa actuación de despedida.

Resultados