Pedro Escudero. Resultados

Están publicados os resultados do Trofeo Pedro Escudero, no que participamos este sábado con 17 nadadores/as. Foi unha gran oportunidade para competir en piscina de 50 metros, antes do xa moi cercano Campionato Galego de verán.

Tivemos tres medallistas: Alba Gómez acadou tres ouros en 100 braza, 200 e 400 libres; Alejandro Canedo foi prata en 1500 libre; e Antía Gómez foi ouro en 100 e 200 costas. Esta nadadora acadou a mínima do Campionato de España en 100 bolboreta cun tempo de 1.09.85.

Alba Gómez Mesías acadou o 2º posto por táboa FINA na suma das probas nas que participou.

Resultados