Paula Otero volta hoxe de Lanzarote de participar, co Equipo Nacional Absoluto nunha concentración que comezou o 2 de xaneiro. Nesta concentración tivo oportunidade de adestrar cos mellores técnicos a nivel estatal e compartir experiencias e rutinas cos seus compañeiros e compañeiras do equipo ENA.
Aproveitando esta noticia, publicamos tamén a convocatoria para a que acaba de ser seleccionada pola RFEN esta destacada nadadora do noso Club. Participará a fin de semana que ven, 22 e 23 de xaneiro, na «Flandes swimming Cup», en Amberes (Bélgica). Está convocada para nadar 200 bolboreta, 200, 400 e 800 libre. A selección española tamén participará en remudas de 4×100 estilos e 4×100 libres.
Que teñas bo regreso e noraboa Paula!!