Paula volta de Australia

A nosa nadadora, Paula Otero Fernández volta hoxe de Australia de ter participado como parte da Selección Española no Campionato do Mundo de Piscina de 25 metros, en Melbourne, Australia.

Participou o martes día 13 na proba de 400 libre, na que acadou o 20º posto absoluto, e o mércores, na proba de 800 libre, na que acadou o 14º.

Unha gran experiencia para Paula, que agora tócalle centrarse na natación en Piscina de 50 metros, a súa especialidade, de cara á competición máis importante a nivel nacional, o Open de Primavera que se celebrará a principios do mes de abril.

Noraboa Paula!!

Web do Campionato