A nadadora de categoría infantil, Paula Rodríguez, participa mañán sábado día 30 na Etapa Final da VIII Copa de España RFEN de Augas Abertas.
Será no Porto da Marina Málaga ás 9:40, e nesta proba Paula xógase a clasificación final da Copa, na que polo de agora está en segunda posición, despois de ter participado este verán en numerosas travesías pertencentes tanto ó Circuíto Galego como desta Copa de España.