A nosa nadadora máis internacional regresa de Amberes con grandes resultados. Catro probas, catro finais, postos entre os tres primeiros, e nada máis e nada menos que un récord galego na proba de 200 bolboreta.
Paula viaxou a Amberes esta fin de semana para participar na Flanders swimming Cup coa Selección Española. Nadaron en dúas xornadas, sábado e domingo. Paula inaugurou a súa participación o sábado entrando nas finais de 200 bolboreta e 800 libre. Na sesión da tarde, rebaixou a súa marca de 200 bolboreta en 2″ e rematou a proba en 2º posto e con un tempo de 2.14.57, récord galego. En 800 libre foi tamén 2ª. O domingo foi finalista en 200 e 400 libre, acadando o 3º e 2º postos nas probas celebradas na sesión de tarde. Paula participou tamén nas dúas remudas B da selección nas que acadou o 2º e 3º postos.
Noraboa Paula!!