Paula coa Concelleira de Deportes de A Coruña

Onte a mediodía, Paula Otero foi recibida pola Concelleira de Deportes de A Coruña, Mónica Martínez, para entregarlle un galardón e desexarlle sorte nas síuas vindeiras citas competitivas.

Paula foi citada xunto con María de Valdés para este acto, polos seus recentes éxitos no Campionato de España de Longa Distancia. O acto tivo lugar no Pazo dos Deportes de Riazor e constou dunha pequena charla de bos desexos e parabéns, e a entrega dunha figura de Sargadelos para conmemorar o título de Paula de Campiona de España de 5000 metros de categoría Junior. A nadadora actualmente afincada no Club Natación Arteixo é bolseira do Concello de A Coruña.