Paula Otero, a nadadora máis internacional do Club Natación Arteixo, debuta esta madrugada no Campionato do Mundo de Fukuoka, para o que foi convocada co Equipo Absoluto Español despois de acadar moi bos resultados no Campionato de España Open o pasado mes de abril.
Está convocada nas modalidades de Natación e de Augas Abertas, empezando por esta última, participando á 1 da madrugada de hoxe mércores día 19 na remuda mixta de 4×1500. Despois de esta primeira cita, pasará a centrarse co grupo que compite en piscina, dando comezo o seu calendario competitivo o sábado de madrugada. A partir das 3.30 de ese primeiro día nadará a proba de 400 libre, e na madrugada do domingo participará na súa mellor proba, o 1500 libre.
Poderemos estar ó día dos resultados na páxina oficial do campionato que enlazamos a continuación, ademáis poderemos velo por televisión a través de Teledeporte e de RTVE Play.
Ánimo e Sorte Paula, estamos contigo!!