Paula Otero destacada en Castellón

A Castellón acudiron esta fin de semana dúas nadadoras do noso club, unha veterana Noelia Gómez, e a xoven promesa de categoría junior Paula Otero, que participaba formando parte do Equipo Nacional. Un increible Trofeo no que abundou o espectáculo visual e competitivo. De alí sairon nada máis e nada menos que sete probas de cinco nadador@s para os vindeiros Xogos Olímpicos. Pauladestacou na súa categoría con dúas mínimas para o Campionato de Europa, dúas medallas e una MMG.

Paula nadou catro probas, foi prata en 400 libre, distancia na que fixo a Mellor Marca Galega de 16 anos, con un tempo de 4.15.31 e marca mínima para o Campionato de Europa de categoría Junior. Tamén no 800 libre, proba na que acadou o 5º posto, fixo marca válida para o mesmo campionato, pero ambas debe refrendalas no Campionato de España Open de Primavera que se celebrará no vindeiro mes de marzo.

Ademáis destas probas nas que destacou polo nivel das marcas, participou tamén no 200 libre, proba na que foi bronce, e no 400 estilos, na que tamén foi finalista acabando en 7º posto.

 

A nadadora absoluta Noelia Gómez, participou o domingo na proba de 100 braza, na que acadou o 20º posto e moi boas sensacións competitivas que lle renovan as ganas para preparar futuras citas competitivas.

Noraboa chicas!!

Resultados Completos