A nosa xoven nadadora, Paula Otero Fernández acudirá a unha nova cita internacional co Equipo Nacional. Foi seleccionada con outros 32 deportistas para asistir ó Meeting des Vendanges- Canet, na vila francesa de Canet des Roussillon, os días 3 e 4 de outubro. Está seleccionada para nadar 100, 400, 800 libre e 400 estilos.
Ademáis a RFEN acaba de publicar a lista de nadadores e nadadoras que compoñen o Equipo Nacional 2024, do que Paula xa formaba parte, e segue cumprindo os criterios, xunto con outros dous nadadores galegos, tamén bolseiros no CGTD, Pablo Cabana e Carla Carrón.
Noraboa Paula!!