Paula no Mundial de Augas Abertas

A área técnica de augas abertas e natación da RFEN deu a coñecer onte o equipo completo seleccionado para o Campionato do Mundo de Fukuoka de Augas Abertas, que disputará no Momochi Beach Park do 15 ao 20 de xullo. .

A nosa nadadora, Paula Otero foi clasificada para a remuda de 4 x 1.500 metros por ser campiona de España nesta distancia no Campionato de España Absoluto Open de Málaga. Esta convocatoria súmase á participación no Mundial en Piscina, para o que se clasificou no mesmo campionato.

Paula acaba de viaxar este sábado ó CAR de Sierra Nevada, onde permanecerá nunha concentración con parte do Equipo Nacional ata o 6 de xullo, concentración que será clave para a súa presencia no Mundial

Noraboa Paula!!

Convocatoria ConcentraciónConvocatoria Mundial AA