Esta fin de semana celébrase en Loulé, Portugal a primeira competición importante en piscina en moito tempo. Gran momento para a noso deporte e para o Club Natación Arteixo, xa que Paula Otero Fernández, nadadora de categoría Junior, foi seleccionada para participar co Equipo Nacional.
Este Meeting contará coa participación de seleccións de tres paises, Brasil, España e Portugal e celebrarase en Loulé, no Sur de Portugal, dende o 14 ó 16 de agosto, en sesións de tardes. Paula nadará un total de seis probas: 100, 400, 800 e 1500 libre, 200 e 400 estilos. Este evento será unha gran ocasión para Paula de volver a medirse entre os mellores, e para tod@s de sentir de novo o espíritu competitivo.
Esta competición será retransmitida por Teledeporte, así que poderemos seguir a Paula en directo e darlle os nosos ánimos dende casa, tódalas tardes ás 19:00. Debaixo desta noticia poñemos á vosa disposición os enlaces con toda a información deste Open de Nataçao Loulé 2020.
Ánimo e Sorte Paula!!
Web do CampionatoVer Competición