Paula Otero está convocada co Equipo Nacional Absoluto para participar no Mare Nostrum, competición internacional que consta de dúas etapas, a 1ª en Canet (Francia), e a 2ª na sede do Club Natación Sant Andreu, en Barcelona. Paula viaxou onte a Canet para participar na concentración previa á 1ª etapa de Canet que será no Centre de Natation Arlette Franco do 13 ao 14 de maio. Paula formará parte dunha selección de 7 nadador@s e participará en 100, 200, 400 e 800 libre.
A seguinte etapa será os días 17 e 18 de maio formando parte dun equipo de 14 deportistas, nesta competición nadará 200 libre, 400 libre e 200 bolboreta. Podemos seguir resultados e obter toda a información no enlace á web do Mare Nostrum que adxuntamos nesta noticia.
Ánimo e Sorte Paula!!