Paula no Europeo Junior

Mañán é un día moi grande para o Club Natación Arteixo. A nadadora Paula Otero, hai dous anos fíxonos a honra de elixirnos como o club para establecerse. A súa presencia é motivo de gran orgullo para toda a comunidade do CNA, gran exemplo para os máis xóvenes e gran compañeira para o equipo absoluto. Agora Paula efréntase a unha das citas máis importantes da súa tempada, o Campionato de Europa Junior de Natación, e queremos enviarlle dende esta web o ánimo máis enorme que poida recibir.

O Campionato celébrase en Roma, durará dende mañán martes 6 ata o domingo 11. Con ela foron tamén seleccionadas Ana Cernadas, nadadora do Fluvial de Lugo, e Luisa Domínguez, adestradora do CGTD. Moi boa representación galega terá esta selección española, que xa leva instalada en Roma dende o domingo.

Paula participa en catro probas individuais e posiblemente en algunha remuda. Nadará 200 libre, que constará de eliminatorias, semifinais e finais; 400, 800 e 1500 libre, que terá eliminatorias e finais. Semana moi intensa para Paula, pero ela é unha nadadora con moito traballo por detrás, o que seguro lle axudará a pasar esta proba con boa nota.

Os nervios están asegurados, xa que vai ben posicionada nalgunha proba, pero saberá desfacerse da presión e «batirse» dando o mellor de si mesma, e nos poderemos vela en directo no enlace que deixamos debaixo desta noticia. Tamén deixamos a previsión horaria e o calendario de probas para que teñades unha guía do que vai pasando en Roma.

Ánimo e Sorte Paula!!

StreamingHorarios