Paula no Europeo Absoluto

Onte a RFEN publicou a convocatoria oficial do equipo seleccionado para asistir ó Campionato de Europa Absoluto en Piscina de 25 metros. Asistirán un total de seis chicas e cinco chicos, equipo do que Paula é unha das compoñentes máis xóvenes. Asiste con deportistas de talla coma Jesica Vall ou Lidón Muñoz.

O campionato celébrase en Kazán, Rusia, dende o 2 ata o 7 de novembro, e Paula participará en catro probas individuais, 200, 400, 800 e 1500 libre. A selección española participará tamén nas remudas de 4×50 libre e 4×50 estilos mixtas.

Convocatoria