Un total de 22 nadadores e nadadoras viaxan hoxe a Roma, para participar no Campionato de Europa de Natación de categoría absoluta. Entre eles estará a nosa nnadadora máis internacional, Paula Otero, seleccionada para nadar tres probas, 400, 800 e 1500 libre. Este evento terá lugar no “Foro Italico”, Mosaici Pool Stadio del Nuoto, dende o 11 ata o 17 de agosto.
Paula ven de participar nunha concentración da RFEN de tres semanas en Serra Nevada, á que viaxou directa dende o Campionato de España de Sabadell. Con este colofón leva un moi bo ciclo de adestramento, o que lle dará a confianza adecuada para competir a tope e sacar o mellor de si mesma. Este é o éxito máis buscado neste deporte.
Os horarios das eliminatorias das probas de Paula serán os seguintes: 11/08 ás 10:37 800 libre; 14/08 ás 10:30 1500 libre; 17/08 ás 9:00 400 libre.
Poderemos seguila en directo no canal temático en aberto Teledeporte e por RTVE Play. Deixamos enlaces a toda a información, e recordade que en Instagram e Facebook poñemos información case diaria do campionato.
Ánimo e sorte Paula!!