Este domingo 31 de xaneiro celébrase en Barcelona, no CAR de San Cugat, o Campionato de España de Longa Distancia en Piscina de 50 metros. A nosa nadadora de categoría Junior, Paula Otero Fernández participa na proba de 5000 metros. Paula sae entre as favoritas na súa categoría, clasificouse para esta proba na fase territorial o pasado mes de decembro, ocasión na que foi Campiona Galega de 3000 metros.
Paula viaxará o domingo, ó remate da competición, cara unha Concentración do Equipo Nacional Junior, Plan 2024. Esta celebrarase en Las Palmas de Gran Canaria dende o 31 de xaneiro ata o 11 de febreiro.
Nesta situación que vivimos, co deporte federado prácticamente parado, disfrutaremos a través desta nadadora da gran emoción da competición.
Ánimo Paula!!