Paula medallista en Luxemburgo

Moi bos resultados para Paula Otero no Euromeet de Luxemburgo no que participou dende o venres ata o domingo formando parte do Equipo Nacional.

Acadou medalla de ouro nas probas de 800 e 1500 libre e o 5º posto en 400 libre. O seu nivel de marcas foi moi bo nesta primeira experiencia da tempada en piscina de 50 metros, agora toca centrarse no ciclo de adestramento ata o Campionato de España Open, que se celebrará en Palma de Mallorca a finais de marzo e que será a súa cita máis importante.

Noraboa Paula!!

Resultados