Paula brillou en Loulé

A estrela de Paula Otero brillou en Loulé esta fin de semana. Era difícil enfrentarse a esta primeira competición despois da etapa que levamos vivida a nivel social e deportiva. Paula pasou esta proba con moi boa nota, xa que foi unha das mellores nadadoras junior do evento e acadou dúas MMP (mellores marcas persoais) quedando moi preto no resto das sete probas nas que participou. A selección española acadou o 1º lugar por equipos, seguida de Portugal e Brasil.

Paula viaxou a Loulé cunha selección de 32 nadadores e nadadoras de categorías Absoluta e Junior do Equipo Nacional dende unha concentración que se celebrou en Málaga do 3 ó 12 de agosto.
Participou durante os 3 días que durou o evento, en tres probas e unha remuda en cada xornada. Empezou o venres acadando o 4º posto en 800 e 8º en 100 libre, participando na remuda absoluta de 4×200 libre que finalizou en 2º posto cunha moi boa marca de Paula nadando como primeira remudista.

O segundo día, sábado, acadou o seu mellor posto, 3º en 400 libre, co seu mellor rexistro nesta proba, e nadando o 400 estilos pouco tempo despois, proba na que rematou sexta. Na remuda desta xornada, o 4×100 libre, Paula participaba na remuda junior, acadando o 4º lugar.

E finalmente, rematou o domingo esta competición cunha gran carreira no 1500 libre, proba na que acadou o 4º posto e a súa MMP, seguida dun 200 estilos cun 6º posto, e unha remuda na que nadou o estilo de bolboreta, e na que o equipo junior da Selección Española acadou o 4º lugar.

Gran ocasión para Paula de poñer a proba o seu estado de forma e volver a brillar; para toda a natación galega de darlle importancia ó traballo feito durante o confinamento e nas semanas nas que se puido empezar a entrenar con certa normalidade; e por suposto, para o Club Natación Arteixo de recordar a valía da súa deportista.

Noraboa Paula!!

Resultados