Paula estará no Campionato do Mundo

A Real Federación Española de Natación acaba de publicar a Selección que participará no Campionato do Mundo en Piscina de 25 metros que se celebrará en Melbourne, Australia do 13 ó 18 de decembro de 2022, o equipo estará formado por un total de 5 nadadores e 5 nadadoras.

Paula, que agora adestra no CAR de Sant Cugat becada pola RFEN, forma parte unha vez máis do Equipo Nacional gracias ás marcas realizadas durante a tempada 21-22. Neste primeiro trimestre da tempada terá varias citas importantes, entre elas participará na World Cup en Berlín no mes de outubro e asistirá a unha concentración en altura en Sierra Nevada.

Será de novo unha tempada movida para Paula, e unha vez máis levará polo mundo as cores do noso Club.

Noraboa Paula, todo o CNA está moi orgulloso de ti!!

Noticia RFEN