Paula Otero regresa hoxe de Singapore, da súa participación no Campionato do Mundo de Augas Abertas. Paula formaba parte da Selección Española e participou en dúas probas. Estreouse co 5K, no que acadou o 17º posto nunha carreira marcada polos intensos cambios de ritmo das nadadoras máis destacadas. Tamén nadou a novedosa proba KnockOut Sprint, e na que acadou o 12º posto da primeira eliminatoria.
Por fin unhas merecidas vacacións para esta nadadora que leva sempre o nome do noso Club ós lugares máis altos e destacados do mundo da natación, especializándose moito máis durante esta tempada, nas augas abertas.
Noraboa Paula!!


