A nosa nadadora Paula Otero foi seleccionada co Equipo Nacional Absoluto (ENA) para participar nunha concentración en Altura. Esta concentración terá lugar no CAR de Sierra Nevada, en Granada, e durará dende este domingo 25 de outubro ata o 19 de novembro, data na que da comezo o Campionato de España de Inverno en Castellón.
A esta cita de adestramento están convocados un total de 16 deportistas, 8 chicas e 8 chicos, equipo do que Paula será a máis xoven. Esta concentración será supervisada por Sean Kelly, Director Nacional de Rendimento da Rfen. Entre o grupo de adestradores convocados está tamén Luisa Domínguez, adestradora do CGTD de Pontevedra.
Noraboa Paula!!